Basic Concepts Spelling Games- Xogos para deletrear conceptos básicos
Este blog pretende ser un acceso rápido a alguns dos recursos empregados nas miñas clases de Inglés. Tamén é un xeito de compartir moitos recursos e reforzar contidos cos meus alumn@s e as súas familias. Votade unha ollada ás distintas páxinas!
Mostrando entradas con la etiqueta Presentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Presentación. Mostrar todas las entradas
28 nov 2011
Actividades de Reforzo e Ampliación
Unha das páxinas que sempre recomendo aos meus alumnos/as para facer actividades divertidas de reforzo y ampliación, é Anglés 365. Este sitio web ten unha recopilación importante de xogos, contos, cancions, vídeos, y todo tipo de recursos en lengua inglesa para os rapaces, todos eles agrupados por niveis e temas. Resulta muy cómodo para escoller una actividade pola súa estructura e organización. Non ten publicidade.
Etiquetas:
actividades reforzo,
coñecementos básicos,
Imaxes e enlaces,
Presentación
27 nov 2011
O Inglés e os Recursos Multimedia
Gracias as TICs, os mestres de hoxe, podemos dispor nas nosas aulas dun número ilimitado de recursos. También debemos ser conscientes de que todos estes medios e ferramentas á nosa disposición non son unha fórmula máxica para o aprendizaxe. Temos que ser críticos e saber escoller qué e cando empregar estes recursos nas nosas clases dun xeito responsable.
Tendo en conta estas premisas, os nenos/as poden beneficiarse de métodos didácticos innovadores que lles aportan estas novas formas de presentación dos contidos nun contexto motivador, divertido e lúdico.
As miñas clases de Inglés, téñense afastado progresivamente dos métodos tradicionais e fai tampo xa que veño empregando diferentes soportes audiovisuais, todos eles co ordeador como motor de partida: audio, video, imáxes, xogos etc.
A miña intención é a través deste blog, ter acceso a estes recursos a golpe de clic, para minimizar o tempo de acceso e búsqueda e mellorar a secuencia de uso entre uns e outros recursos. Tamén pretendo achegar estes recursos aos fogares dos meus alumn@s para que eles poidan disfrutalos y aproveitalos.
¡¡¡ Espero poder conseguilo !!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




